Segundo o artigo 13º dos Estatutos da Anpa da Sionlla o órgano de representación da mesma é a Xunta Directiva, a cal se debe constituir según:
Artigo 13º A xunta directiva representa e administra a Anpa e está
formada por:
— Unha presidencia
— Unha vicepresidencia (a cobertura deste posto non é obrigatoria)
— Unha secretaría
— Unha administración-tesourería
— As vogalías, no número que se determine na asemblea xeral.
Na xunta directiva debe cumprirse unha presenza de mulleres non
inferior ao 40% do total, e cando menos 2 delas deberán desempeñar
un cargo diferente a vogalía.
O artigo 14ª define a súa escolla e características:
Artigo 14º Todos os cargos que compoñen a xunta directiva serán
gratuítos. A asemblea xeral aprobará a escolla das persoas para
conformar a xunta directiva e será no seo desta onde se faga o reparto
de cargos en aras do óptimo funcionamento da mesma. Deste reparto
informarase na seguinte asemblea xeral. O seu mandato terá unha
duración inicial dun ano, que poderá prorrogarse indefinidamente. En
cada Asemblea Xeral Anual na que se aproben as contas da Asociación,
deberá renovarse expresamente a confianza da Xunta Directiva e
nomear e cesar os membros dela que a asemblea decida. Será
incompatible pertencer á xunta directiva e ocupar cargos ou postos
públicos ou privados que poidan causar conflitos de intereses coas
finalidades a Anpa.