VACACIONS DO NADAL 2020

     Xa están aquí as vacacións de Nadal deste ano tan especial, e a rapazada está ansiosa por desfrutalas, e ben merecidas que as teñen, logo de todo o esforzo que tiveron que facer no día a día para manter os protocolos establecidos, polo que queremos agradecer especialmente o traballo, comprensión e esforzo demostrado por todos e todas os rapaces durante este primeiro trimestre, que gracias a eles se desenrolou moi ben, polo tanto merecen este descanso para repoñer forzas e voltar coa mesma ilusión de sempre e gañas de desfrutar coas compañeiras e compañeiros, ata onde as medidas protocolarias o permiten.

     Familias, queremos desexárvos unhas boas vacacións de nadal e que as desfrutedes o mellor posible, xa que estas festas non van ser como as  coñecíamos ata o de agora, e NON deben ser como antes polo ben de tod@s, para preservar e manter a saúde de todos, e así poder voltar nas mellores condicións posibles, así que actuemos con responsabilidade, que logo xa haberá tempo de desfrutar e xuntarse.










INICIO CURSO 2020_2021


Queridas familias do CEIP Arquitecto Casas Novoa_A Sionlla,

voltamos comenzar un curso moi especial e moi complicado, dun xeito que quizáis nunca imaxinamos, polo xeito como rematamos o anterior curso e pola cantidade de dúbidas e preocupacións que nos xurden ó pensar neste novo curso.


Este curso ten moitas novidades, normas, cambios estructurais, novos xeitos de facer as cousas, dende que saímos da casa ata que voltamos, polo cal precisamos estar máis atentos que nunca ás nosas crianzas, porque van necesitar o noso APOIO para tentar levar o mellor posible esta situación, aínda que sabemos que eles e elas son os que máis se esforzan en adaptarse ós cambios, e han de conseguilo xunto con toda a comunidade educativa.


Ánimo e vamos a tentar facelo o mellor posible ¡¡












FIN DE CURSO 2019_2020



Estimadas familias,

chegou o día tan ansiado e esperado polos cativos e cativas da Sionlla, aínda que este curso xa estaban na casa..., o feito de chegar ó final do curso para eles sempre é motivo de gran ilusión porque comezan as vacacións de verán.
Este ano son as máis merecidas logo de tantos cambios e novidades inesperadas e acontecidas neste curso.
Agardamos que levedes esta situación o mellor posible, tanto na saúde como na formación dos vosos cativos e cativas, porque desmostrado quedou se aínda non estaba claro, que as familias somos o máis importante na educación dos nosos pequenos e pequenas, e debemos dar bo exemplo sempre e ser os máis implicados na súa educación.

Neste curso tan inusual quedamos sen festival de actividades, sen celebración das Letras Galegas, sen vacacións (do xeito acostumado) de Semana Santa, sen excursións, sen algunhas saídas culturais, etc., e deixou minguadas moitas ideas que pretendíamos poñer en marcha este ano, xa que planificamos ó inicio do curso non facer o acostumado agasallo de Nadal agardado polos cativos e cativas, porque pretendíamos sustituilo por algo menos material pero más significativo, como unha actividade cultural ou unha festa de fin de curso, pero tampouco puidemos, polo que non nos queda máis que pedir DISCULPAS a todo o alumnado por non haber chegado a onde pretendíamos, pero non foi posible.
Polo tanto esperamos poder recompensalos o vindeiro curso con mellores agasallos e sorpresas.

Agardamos que o vindeiro curso sexa o máis levadeiro posible para todos dentro da nova normalidade que nos toca vivir a todos e todas.

Pola nosa parte, como Anpa, tampouco nos foi doado atender as responsabilidades que tiñamos dentro da nosa organización sen deixar de lado as nosas vidas particulares que tamén sufriron cambios inesperados, e unha vez recuperada certa normalidade seguimos a traballar dende a distancia e tentando chegar a cubrir o máximo posible, xa que todo é imposible.

Nos seguiremos traballando para ir tecendo un vindeiro curso nas mellores condicions posibles.

Saúdos e que a cativada desfrute o máximo posible ¡¡


Denunciar uso impropio Más información