CURSO 2023/2024

Iniciamos un novo curso e como sabedes precísase xente para formar parte de directiva da Anpa!!  

Todas e todos andamos faltas de tempo, por iso, canta máis xente axude, menos toca a cada un. Lembrade que para ser membro da Anpa, hai que ser nai ou pai de alumna/o do cole.

 É unha ferramenta ca que contamos para ser punto de conexión entre as familias e a administración, así como co colexio. Grazas a Anpa pódense desenrolar as actividades extraescolares e outras actividades que se fan ao longo do curso.

O vindeiro luns 9 de outubro temos a asemblea xeral ordinaria. Non faltedes!!! e lembrade que os que estamos na directiva da Anpa, tamén temos os nosos fillos, familias e o noso traballo. A colaboración coa Anpa e altruista e intentamos facer o que podemos co tempo que temos. Se queredes formar parte poñédevos en contacto coa Anpa. 

Un saúdo.

Denunciar uso impropio Más información