Reclamacións e melloras do noso centro ó Concello.
Estimadas familias,
durante os últimos cursos vimos de reclamar constantemente ó Concello as melloras precisas para o noso centro, así como un incremento do investimento para poder acometer as obras precisas, tanto ó Concello como á Consellería de Educación que debe asumir as obras maiores.
O curso pasado no mes de xaneiro mantivemos unha xuntanza presencial coa Concelleira de Educación (Noa Díaz) no centro, acompañada dos técnicos municipais que xa coñecían a problemática do noso centro, á cal asistiu a Anpa e máis a dirección do centro, para poder informar de todas as necesidades plantexadas.
O final do pasado curso e o inicio do actual curso foron tan atípicos que deron lugar a un estancamento e incluso unha reducción no investimento e melloras por parte do Concello nos centros educativos, non so no noso centro, senón na maioría dos centros do Concello.
Dende setembro temos novo Concelleiro de Eduación (Rubén Prol) o cal xa foi informado da situación do noso centro nunha xuntanza mantida no Cersia con todas as Anpas de Santiago, así como recibiu un dosier co resumo de necesidades, que podedes ver no adxunto deste correo.
No mes de outubro mantivemos xuntanzas cos grupos municipais da oposición do BNG e CA para tratar como tema principal a falta de servizo de comedor no noso centro, pero no caso de CA estaba a traballar nun informe da situación actual dos centros educativos do Concello.
Compostela Aberta ven de presentar unha moción que recolle as necesidades dos centros do Concello, a cal adxuntamos, e onde podedes ver que o noso centro figura en máis de 20 puntos de necesidades varias.
Pola nosa parte agradecemos o traballo e esforzo de todas as forzas políticas que axuden a mellorar a educación e o ensino no noso centro e Concello, veña de onde veña a axuda, xa que non temos cor política, so buscamos a mellora do ensino para o noso alumnado.
Dosier reclamacións Concello 2019/2020-
Podedes consultar a documentación nos seguintes adxuntos.