SERVIZO MUNICIPAL DE MADRUGADORES DO CONCELLO DE SANTIAGO
SERVIZO
DE MADRUGADORES DO CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA - A SIONLLA
- O servizo desenrólase en dúas salas dentro do mesmo centro (local no baixo do edificio situado á esquerda da entrada do centro)
- Horario de 7:45 a 10:00 da maña, todos os días lectivos (ata as 9:30 en setembro e xuño)
- Poden participar todas as familias matriculadas no centro, en calquera curso de infantil ou primaria
- Débese solicitar praza previamente o inicio do curso, según plazo de presentación de solicitudes publicado dende o Concello para cada curso, aínda que despois ó longo do curso tamén se pode solicitar praza en calquera momento si se precisa.
- Ata o de agora non suele haber problemas de prazas disponibles.
- Facer a solicitude de praza o principio do curso ou logo en calquera momento, non implica custe ningún nin obligación de utilizar o servizo, polo cal, pódese solicitar a praza e logo utilizar ou non o servizo, pero así xa temos a alta no servizo.
- Unha vez solicitada a praza, débese avisar o persoal do servizo, a través do número de teléfono do monitor/a que figura nos documentos informativos do Concello, de que se vai a usar o servizo, de xeito continuo ou puntual. Si é puntual, mellor avisar sempre de que se vai a usar o día anterior (un día ou varios na semana).
- Custe do servizo para o curso 2018/2019: 1,85€/día IVE ENGADIDO. O custe e fixo independentemente do tempo utilizado de servizo e se o alumnado almorza ou non (almorzo incluido no prezo)
Para o curso 2019/2020, dende o día 3 de febreiro de 2020, co cambio de empresa concesionaria, o custe diario do servizo é de 1,94€/día IVE ENGADIDO.
- No tempo de madrugadores, ademáis do almorzo, poden facer xogo individual ou colectivo, rematar tarefas escolares, etc.
- Para máis información ver documentos anexos ou consultar a páxina web do Concello de Santiago (www.santiagodecompostela.gal)