Benvidas e benvidos ó noso punto de encontro dixital...
FUNCIÓNS DA ANPA
MANTEMENTO
ESTRUCTURAL DA ANPA E REPRESENTACION
- Como organización sen ánimo de lucro, as persoas que forman parte activamente da directiva da Anpa, velan desinteresadamente polo seu funcionamento e mantemento, para o cal se debe contratar un seguro de Responsabilidade Civil, manter a documentación actualizada diante das administración públicas, libro de socios, recadación de cuotras, libro de contabilidade, compras e pagos, conta bancaria, publicacións web e nas redes sociais, etc.
- Tamén deben representar a Anpa nos distintos estamentos onde e necesaria a súa presenza, ante a dirección do Centro, no Consello Escolar, nas asambleas da Federación de Anpas e nas propias asambleas ordinarias e extraordinarias da Anpa da Sionlla.
SERVIZO
DE MADRUGADORES
- Servizo municipal encadrado dentro do contrato de comedores do Concello para moitos dos centros públicos de Santiago, no noso centro únicamente se fai servizo de madrugadores. Facemos publicación e seguimento do servizo, así como na negociación do pliego de contratación do Concello, estamos presentes a través da Federación de Anpas Compostela.
ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES
- Planificación, comunicación, organización e seguimento das mesmas durante todo o curso.
FOTOS
ALUMNADO
- Axuda a organización da sesión fotográfica de todo o alumnado que se ven realizando de xeito bianual.
- Elaboración e entrega da foto anual do alumnado do curso de 6º de Primaria, como fin da súa etapa no noso centro.
FEDERACIÓN ANPAS COMPOSTELA
- A ANPA da Sionlla e socia da Federación de ANPAS COMPOSTELA.
- Participación nas iniciativas, programas, formación e solicitudes organizadas pola Federación.
CONTACTO COAS FAMILIAS
- Estamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida ou consulta que teñades,
orientarvos en calquera asunto ou simplemente recibir a vosa aportarción.
anpa.sionlla@gmail.com